CENTRO DE DÍA E 25 VIVENDAS TUTELADAS NO PARQUE DO PASATEMPO.
BETANZOS.
Dentro do Plan Parcial do Pasatempo de Betanzos, na parcela adicada a equipamentos sociais, turísticos e comerciais, proxectarase un Centro de día con 25 vivendas tuteladas, que sirva de remate ó parque no seu encontro co río Mendo.
CENTRO DE DÍA
O Centro de Día contémplase como un servicio con capacidade para 45 persoas, usuarios externos ás vivendas, é un servizo de acollida diurna e de reforzo con finalidade terapeútica e rehabilitadora durante un determinado número de horas ó día, e tamén de asistenza ás actividades da vida diaria para un grupo de usuarios.
Ademáis ten que dotar as vivendas de servizos de comedor e terapia ocupacional.
Haberá, como complemento ó Centro, tres locais comerciais de 40,00 m² cada un.
Na parcela resolveranse todos os espazos libres, aparcamentos e de lecer.
Se disporán ó menos 15 prazas de aparcadoiro para o Centro de Día, unha para o transporte colectivo diario e 25 prazas para as vivendas.
25 VIVENDAS TUTELADAS
Proponse a implantación de 25 vivendas tuteladas na mesma parcela definida para o Centro de Día, podendo formar unidade co mesmo.
Estas vivendas coexistentes co Centro deben funcionar independentemente, de xeito que o devandito centro sirva de apoio as mesmas.
A superficie media das vivendas será de 60,00 m² incluíndo nela os posibles espazos comúns de comunicacións e accesos. As vivendas serán de tres tipos:
- 5 unidades de un dormitorio sinxelo
- 18 unidades de un dormitorio dobre
- 2 unidades de dous dormitorios, un dobre e un sinxelo.
As vivendas deberán cumprir as normas básicas de habitabilidade vixentes podendo dispor de servizos comúns de lavandería e almacenaxe.
NORMATIVA URBANÍSTICA
Superficie parcela: 10.396 m²
Edificabilidade máxima: 3.500 m²
Altura máxima: B+1, 8 m a cornisa + baixo-cuberta
Ocupación máxima: 40%
Distancia a lindes: 5 m á vía pública e á zona verde
Servidume río: 15 m
Plantexarase a conexión, cruzando o río, do Parque ca rúa Xosé Fariña.
Asemade resolverase a franxa verde pública inmediata ó río e a súa continuidade cara ó norte, ámeto das vivendas do tema 2.
DOCUMENTACIÓN FACILITADA
Programa
Plano do estado actual ca área delimitada.
Plano del Plan Parcial. Este plano é informativo, actualmente en revisión polo que non será necesario respectar as alineacións propostas.
Descarga:
Betanzos (rar 5,31 Mb)
Información Complementaria (rar 1,9Mb)