Descargar
Estimado alumno da ETSA,
Dirixímoschenos para formalizar a proposta do Taller de PFC que permita a finalización dos teus estudos de Arquitectura Superior nun prazo próximo.
O taller constará dunha sesión semanal, os luns pola tarde de 16:00h-21:00h. Comezará o 16 de xaneiro de 2012 e rematará en xuño. Os directores do taller serán Xosé Manuel Rosales Noves e Alfredo Freixedo Alemparte. Participarán outros profesores ó longo do desenrolo do traballo para completar tódolos aspectos de proxecto.
A proposta da Escola tense que completar necesariamente co compromiso ineludibles de asistencia e traballo intenso dos que se sumen ó taller. De non cumprirse a asistencia o alumno deberá deixala praza para outro compañeiro.
O número de praza é limitado polo que a selección dos alumnos será segundo os seguintes criterios, e por este orde:
1 - Os alumnos só terán pendente o PFC, ningunha asignatura máis. Deberán estar matriculados no curso 2011-12.
2 - A antigüidade da primeira matrícula na ETSAC. Terán preferencia os máis antigos.
3 - Expediente.
Solicitamos que contestedes este correo á dirección remitente- amparoka@gmail.com - antes do 4 de xaneiro de 2012, cos datos dos dous primeiros criterios e o voso teléfono e correo de contacto. O terceiro, de ser necesario, comprobarase na Escola.
O listado definitivo farase público na páxina web da Escola, apartado Proxecto Fin de Carreira, o xoves 12 de xaneiro de 2012.
Un saúdo,
Fernando Agrasar Quiroga
Director da ETS da Coruña
Universidade da Coruña



Acaba de ser publicado por la ETSAC la nueva entrega de los Cadernos PFC de la ETSAC. Este número incluye el proyecto del Hotel en Pantín, centro de Interpretación en Borneiro, Biblioteca en Mesoiro, Aulario en Elviña y Vivienda en el Parrote así como una selección de temas diversos.

